MARÍA MOVE

MUUM dúo

MUUM xurde en 2015 froito da colaboración artística e musical entre Manuel Fonte e María Move.

 

Comeza a súa viaxe coa composición e grabación de música para espectáculos escénicos de danza e novo circo como “Contiguo”(Cía. IO, 2015), “Ulises e a nena durmida” (Cía. Anxela Blanco, 2016).

No seu traballo mixturan as atmósferas e ambientes sonoros, con electrónica e voces, dando unha personalidade especial as súas composicións e xerando unha liña sobre a que MUUM camiña.

Ao longo do 2016 e 2017 optan por darlle brillo á música e ritmos tradicionais da terra Galega. Xurde “Peixe”, ”Dime” e “Nanasmuum”, e comeza unha banda paralela á creación musical para pezas escénicas, á que se engade Guillermo Cortiñas, e que nomean Trío MUUM, ofrecendo a través dela temas independentes de creación propia.

 

María Move: Creadora, músico, cantante, performer, bailarina. (Cía. Maria Move).

Manuel Fonte:  Creador, músico, percusionista, técnico de sonido (Guitarrista, corista y percusionista de Chotokoeu).

Gilbert Eiche: Técnico de son.

 

A ista formación musical, únesen as bailarinas Nuria Sotelo e Cris Vilariño, quen xunto a Maria Move, desenvolven a proposta escénica: “MUUM + DANZA”, na que ofrecen música e danza contemporánea á par.

© 2018. All rights reserved by María Move.