MARÍA MOVE

MUUM máis DANZA

Peza de danza contemporánea e música en directo.

Xurde en 2017, a raíz da adaptación musical e coreográfica da Cantiga “Ondas do mar de Vigo (Pergamiño Vindel) para a entrega de Premios da Cultura Galega ese mesmo ano.

Froito da colaboración artística e musical entre Manuel Fonte e Maria Move (Dúo MUUM), e o carácter multidisciplinar dos seus componentes, nace unha proposta escénica MUUM máis DANZA á que se suman as bailarinas e coreógrafas Nuria Sotelo e Cris Vilariño

 

O resultado é unha peza de danza-concerto de entre 25-40 min de duración que mestura ambentes sonoros de electrónica e voces con ritmos tradicionais peninsulares. Coreografías variadas nas que músicos e bailarinas se intercalan e toman protagonismo para crear unha escena na que “a música é bailada e a danza é tocada”. MUUM máis DANZA xoga cas fronteiras e o fluir de ambas linguaxes e propón unha peza familiar, amabe e fresca. Unha caricia feita espectáculo.

 

 

Elenco:

Nuria Sotelo: Intérprete, bailarina ecoreógrafa,

Mikel Aristegui: Intérprete, bailarín, coreógrafo e docente.

María Move: Intérprete, creadora, músico, cantante, bailarina, performer. 

Manuel Fonte:  Creador, músico, percusionista, técnico de son. 

Gilbert Eiche: Técnico de son, músico e docente.

© 2018. All rights reserved by María Move.