top of page

Toda a beleza do mundo

Solo de danza en formato de peza curta duns 25 min e versión escénica de 40 min.

"Toda a Beleza do mundo" é un solo de danza donde o son, a luz e o corpo viaxan a través do tempo. Un tempo sen tempo, onde o movemento expresa emocións, e crea imaxes, que guían ao espectador ás profundidades do seu propio ser interno. Unha viaxe suxerente que pasa polas danzas tradicionais e os ritmos do corpo percutindo a terra, misturando ese sentir coa danza contemporánea e a voz do intérprete e o seu canto. A voz que acompaña o movemento. "Toda a beleza.." xoga co  tempo, o ritmo, as capas que se pegan e despegan do corpo, a velocidade, o abismo, o cambio.

A auga, o son, o presente, a presenza.

 

"Son

Expresión; luz e sombra

O que non se nomea

De onde toda a beleza nace".

Coreografía e Dirección: Nuria Sotelo e Maria Move

Interpretación: Maria Move

Música orixinal: Maria Move (dir. Espazo sonoro, composición, voz en directo), Nuno dos Santos (Electrónica), Alexis Fernandez- Maca (Percusión), Guillermo Cortiñas (Grabación e realización)

Segunda coreógrafa - ollo externo: Beatriz Pérez

Fotografía e video: Damian Varela (Miramemira)

Iluminación: Afonso Castro

Vestiario: Marcia Edleditsch (Atelier Efímero)

Produción: Maria Move e Manu Lago

Agradecementos: Miramemira, Maria Blanco, Carmen, Betty Perez, Laura, Lena, Andrea Quintana, Gunnar Ellwanger, Tom Varela, Carlos Sante, Forukje Weeteling, Rut Balbís.

 

Toda a beleza do mundo estrénase o día 1 de xullo de 2017 no Festival Vai de Baile de Ferrol e preséntase no  Festival Herdanza de Compostela o 16 de setiembro 2017 e en Cartografías en Movemento de Lugo o 29 de outubro 2017.

 

A versión escénica estrénase en Primavera en Danza de Carballo o 21 de abril de 2018.

bottom of page